Asociación

100660407

A Asociación Coruñesa de Transportes Discrecionais e Especiais (Acotrades) constituiuse en Xullo de 1979, ca vontade de poñer en común os intereses dos empresarios que desenrolan a actividade de Transporte discrecional de mercadorías por estrada na provincia de A Coruña.

Con máis de 40 años de percorrido, erixe como principais fins a representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais de tódo-los seus asociados.

Asemesmo, dende Acotrades, ofrécense multitude de servizos adicados a facilitar o exercizo da actividade a tódolos transportistas, empresas de transporte e loxísticas asociadas, así como un amplo servizo de asesoramento.

Con máis de cento cincuenta empresas asociadas, constitúese como unha das principais asociacións de transporte público por carretera de Galicia, encontrándose en ésta representadas multitude de especialidades de transporte, así como empresas de formas societarias diversas e de variada dimensión.

A súa vez, a Asociación atópase integrada na Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC), así como en outras organizacións de maior ámbito como a Federación Galega de Transportes (FEGATRAMER) e a Confederación Española de Transportes de Mercancías (CETM).

IMG_2998_1